PROFESORA DE CÁMARA, ORQUESTRA E VIOLONCELO

Dna.Vera Kolar Palkovska

Naceu en Zlin, República Checa, 1961. É profesora de Violoncelo, música de cámara e directora de orquestra e socia do Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, S. Coop. Galega.

A súa formación musical comezou na súa Chequia natal entre Zlin e Brno, para máis tarde, completar os estudos de Grao Superior de Violoncelo na Escola de Altos Estudos musicais de Bratislava en 1983.

En 1980 comeza a súa dedicación á docencia da música no Conservatorio de Grao Medio de Zlin (Rep. Checa) ata 1989, cando se traslada a España e comeza a súa experiencia en distintos Conservatorio de Galicia, Lalín, Melide, Noia, Ribeira, Cambados e no Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela, onde cursa na actualidade.

O seu interes pola música non só se limita ao ensino; desde os seus primeiros pasos como violonchelista na República Checa estivo ligada á interpretación, primeiro na Filharmonía de Buhuslav Martinu e música de cámara da mesma orquestra e máis tarde en España unida tamén á Xoven Orquestra de Galicia.

  


PROFESOR DE VIOLÍN

D.Ilyá Fisher

Naceu en Ulan-Ude, (Rusia) en familia dos músicos. Terminou os seus estudos (superior e posgrao) en M.Glinka Estatal Conservatorio de Nizhny Novgorod  en 1995. En 1992    entrou na Orquestra Sinfónica da Filharmonía de Nizhny Nóvgorod.  Despois  traballou como concertino na Orquestra de Cámara Municipal de Nizhny Nóvgorod e como profesor de violín e cuarteto de corda do mesmo conservatorio. Tamén era profesor de violín en escola municipal Nº9 de Nizhny Nóvgorod.  Actualmente é membro de Real Filharmonía de Galicia e profesor de violín do CEMU Profesional Contrapunto Histórico  de Santiago de Compostela.

 

 

 


PROFESORA DE SAXOFÓN

Dna.Matilde Balseiro Blanco

Naceu en 1962 en Viveiro (Lugo), onde se iniciou na música formando parte da Banda de Música Municipal como saxofonista desde os 10 anos.Estudou no Conservatorio Histórico de Santiago (saxofón, piano, guitarra e clarinete), na Escola de música Studio e na Facultade de Xeografía e Historia.

Formou parte de agrupacións tan diversas como Bandas de música (Viveiro, San Xoán de Calo, Arzúa), orquestras de baile, Coro Universitario de Santiago, Big band da clase de jazz do Conservatorio de Santiago.

Desde o 2005 dirixe a escola de música MusiCalo, onde, ademais, imparte clases de Linguaxe musical, Coro, Guitarra, Saxofón e Banda.

Desde o 2006 é profesora de saxofón no Conservatorio Histórico de Santiago

 


PROFESOR DE PERCUSIÓN

D.Albano Dias Ribeiro

 


AULA DE CANTO

Dna. Carmen Subrido Tubío


PROFESORA DE ACORDEÓN

Dna.Eva Pato Martinez

Estudou a carreira co acordeón de tecla aínda que leva anos tocando o acordeón de botón, formándose en diferentes conservatorios.

Imparte clases nos sistemas de acordeón oficiais: sistema piano e botón, así como estándar e basseti.

Asistiu a cursos de perfeccionamento da técnica cos acordeonistas: Oleg Sharov, Anxo Huidobro, Jacques Mornet ou Victor Prieto e tamén se interesou noutras materias como a "Reeducación postural" asistindo a varios cursos de Técnica Alexander con Donald Kirkley, Anne Landa ou Gabriel Evens.

Tamén realizou cursos de Harmonía Moderna, Educación Auditiva e Educación Rítmica con Suso Atanes e Leo Pimentel respectivamente; Educación da Voz con Ana Pazos e Leo Gianneto; Creación musical con ProTools con Anxo Bautista e Iván Salgado.

Nos últimos anos está centrada na docencia impartindo clases tanto a nenos como adultos de Linguaxe Musical, Agrupacións diversas, Música e Movemento... ademais de acordeón. Exerceu durante anos os labores de Xefatura de Estudos na escola Municipal de Rois.


PROFESOR DE CLARINETE, GAITA E LINGUAXE MUSICAL

D.David Nogueira Balseiros


PROFESOR DE HISTÓRIA DA MÚSICA, COMPOSICIÓN, MUSICOLOGÍA, INFORMÁTICA MUSICAL, ANÁLISE, CORO E LINGUAXE MUSICAL

D. Mateo Iglesias Seoane


PROFESORA DE GUITARRA

Dna. Sara Varela Prados


PROFESOR DE VENTO METAL

D. Luis Vinseiro Rodríguez


PROFESORA DE FAGOT

Dna. Lucía Bello Garea

 

Contrapunto Histórico de Santiago de Compostela


Praza Salvador Parga, 4-5, Santiago de Compostela (15704 - A Coruña)

Teléfono: 981 564 808

Email: info@conservatoriodesantiago.com

 

 

 

Localización

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso