DIRECTORA, PROFESORA DE PIANO E EDUCACIÓN INFANTIL

Dña.Esther Sobral

Titulada Superior en Piano e Experta Universitaria en Estratexias e Técnicas de Aprendizaxe e Estudo.

Compaxina a súa labor docente e de Dirección no Conservatorio Histórico coa súa continua formación e a impartición de cursos dirixidos a escolares e profesorado.

Desde 2008, ano no que obtén o título de Experta Universitaria en Diagnóstico e Educación de Alumnos de Alta Capacidade ven traballando neste campo educativo con alumnos de diferentes idades e non só pertencentes ao ámbito musical.

É diplomada en Estimulación Temprana, Implicacións Educativas da Intelixencia Emocional e Habilidades Sociais na Infancia, así como en Relacións Persoais na Educación e Psicoloxía da Interpretación Artística.

Con ampla experiencia docente segue entusiasmada coa súa profesión e por isto continúa ampliando os seus estudos na actualidade. O seu interese céntrase no Coaching Educativo e a actualización dos sus estudos sobre a importancia da Atención e os Aprendizaxes. Neste último campo xa deseñou un conxunto de actividades e xogos que inclúen nas súas propostas docentes actuais.

Durante anos preparouse en diferentes liñas pedagóxicas como Willems, Kodaly, Dalcroze, Suzuki, etc. que sen dúbida aportan múltiples recursos nas súas clases.

Así como os diferentes cursos realizados sobre a Integración Escolar e a Educación para a Diversidade.

É autora de diferentes ciclos de cancións sempre con fins pedagóxicos que utiliza nos seus talleres e nos cursos internacionais que imparte.

COORDINADORA DE ESTUDOS, PROFESORA DE PIANO

Dña.Lourdes Sánchez Décima

 

Pianista arxentina nada en San Miguel de Tucumán. Fórmase musicalmente tanto no seu propio país como en Estados Unidos, realizando ademais xiras como solista, en diversas formacións camerísticas e con orquestra sinfónica.

Ao longo da súa carreira como intérprete obtivo diferentes premios: National Guild of Piano Teachers, California-Estados Unidos 1984; 1º premio Instituto Superior de Música da UNT, Universidad Nacional de Tucumán-Arxentina, 1988; e recoñecementos, como a distinción outorgada polo Concello da súa cidade natal pola súa traxectoria artística.

No ano 1992 é becada polo Instituto de Cooperación Iberoamericano (ICI) para realizar o Curso Internacional de Música Española “Música en Compostela”.

Desde 1993 reside en Santiago de Compostela onde realiza un intenso labor docente formando a mozos músicos no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela. Labor que complementa coa súa actividade camerística como membro do Dúo de piano a catro mans Décima-Cerviño xunto ao pianista Antonio Cerviño e o Trío Iloube xunto á mezzo soprano Betty Germil e o violinista Iván Novo.

Desde o ano 2005 forma parte do Consello Rector da Cooperativa “Conservatorio Histórico de Santiago” onde continúa desenvolvendo un intenso labor pedagóxico no departamento de piano e na asignatura de educación auditivo-vocal dando a coñecer a riqueza do patrimonio da música latinoamericana, froito do vínculo que historicamente mantén unidos a ambos os continentes.

 

 

SECRETARIO, PROFESOR DE PIANO E LINGUAXE MUSICAL.

D.Adolfo Urrabieta Gago

Comeza o seu labor docente en 1986 no antigo Conservatorio de Música de Santiago de Compostela e desde 2005 forma parte do equipo do Conservatorio Histórico onde na actualidade ademais de profesor de Piano, Linguaxe Musical e Educación Auditiva exerce as funcións de secretario..

A súa formación académica en Pontevedra, Vigo, Santiago e Madrid permitiulle estudar con grandes profesores como Maximino Zumalave, Manuel Carra, Peter Bithell, Albert Atenelle, J. Mª. Colom entre outros.

Compaxina o seu labor docente coa súa faceta no ámbito da composición. En 1985 participa como intérprete no curto "Só para nenos" de Alicia Bará, en maio de 2014 estrea o seu álbum "O Mar" integrado por doce pezas para piano que foron creadas e interpretadas por el no auditorio do Conservatorio Histórico.

 

Contrapunto Histórico de Santiago de Compostela


Praza Salvador Parga, 4-5, Santiago de Compostela (15704 - A Coruña)

Teléfono: 981 564 808

Email: info@conservatoriodesantiago.com

 

 

 

Localización

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso