Todos temos dereito, independentemente da nosa idade, a crecer en coñecementos, ampliar as nosas habilidades, seguir sendo estudante ou empezar a selo. Por isto, no Conservatorio Histórico queremos deixar atrás a idea tradicional de limitar o estudo a unhas determinadas idades; queremos estender a aprendizaxe musical a todo o ciclo vital aínda que con distinta intensidade e con diferentes metodoloxías de ensino adaptadas a distintos obxectivos e formas de adquisición de coñecementos. Queremos que todos poidan satisfacer o desexo persoal de ampliar horizontes e ofrecerlles o pracer de aprender, comprender e gozar de e coa música


ACTIVIDADES ESCOLA


Canto Moderno

Aprender a cantar e poder gozar coas cancións actuais que máis che gusten e adáptense ás túas posibilidades serán as prioridades deste taller.


Piano en inglés- Lourdes Sánchez Décima

A aprendizaxe dun idioma é algo primordial para o desenvolvemento dos nosos fillos. No noso centro terás a oportunidade de que reciban as clases individuais de piano en inglés co obxectivo non só de aprender un vocabulario musical senón tamén de reforzar o do ámbito das relacións sociais .


Talleres de Zanfona, Gaita e Percusión tradicional- Mauro..., David Balseiros e Albano Dias

O noso centro aposta por manter e divulgar a nosa música popular  así como todo o que leva a nosa tradición e cultura.
Aquí mostrámosche tres opcións . En caso de querer acudir a máis dun Taller terás un prezo especial.
Percusión para pais

Se che apetece pasar un bo intre en compañía doutros pais mentres os teus fillos están en clase ou no teu tempo libre propoñémosche este taller no que o profesor Albano conseguirá que diferentes instrumentos do grupo de Percusión estean ao teu alcance segundo os teus gustos e habilidades.

Contrapunto Histórico de Santiago de Compostela


Praza Salvador Parga, 4-5, Santiago de Compostela (15704 - A Coruña)

Teléfono: 981 564 808

Email: info@conservatoriodesantiago.com

 

 

 

Localización

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso