ACHÉGATE Á MÚSICA

Este curso que vai pola súa 6ª edición se incluyeen os "Sábados Musicais" do noso centro. Está dirixido a nenos de 3 a 7 anos; nel preténdese achegar aos máis pequenos ao mundo da música á vez que esta é o noso instrumento para desenvolver neles comportamentos cooperativos e actitudes de respecto e axuda que deben aprender canto antes.

 

 

 


CURSOS DE PIANO A CATRO E SEIS MANS

Neste curso os alumnos aprenden dos acertos e erros propios e dos demais mostrando comprensión, axuda e aceptación das diferenzas; ven motivados ao traballar cos seus compañeiros e favorécese a superación de alumnos con dificultades.

 

 

Entre os nosos obxectivos están:

  • Incrementar o coñecemento mutuo intercambiando información musical e persoal.
  • Propiciar situacións de diálogo e comunicación que permita relacionarnos con todos evitando calquera tipo de exclusión.
  • Favorecer as actitudes cooperativas a través do traballo musical.
  • Aprender a compartir tempo de estudo, responsabilidades, satisfaccións e coñecementos.
  • Gozar coas nosas producións e coas dos demais.

 

 


 

conTONeSON

Na última semana de Xuño tivemos a segunda edición deste conxunto de talleres que pretenden fomentar o traballo en equipo e as situacións cooperativas.

Máis de dez talleres ofrecéronse para nenos e mozos de catro a vinte anos nos que establecemos grupos de idades similares e outros con diferenzas pero sempre baixo o prisma da creatividade e un clima de rica expresión afectiva.

 

 

 

 


PIANO PERFORMANCE IN ENGLISH LANGUAGE

Cada vez son máis os estudantes que deciden optar por un ensino musical noutros países. O idioma non debe ser unha barreira e por iso axudámoslles a ter unha formación específica no ámbito lingüístico referido á formación musical.

Traballamos neste curso o respecto polo nivel verbal de cada un e favorecemos os comportamentos de axuda entre eles; propiciando sempre a desinhibición ao utilizar a lingua inglesa desde o nivel de coñecemento que cada un posúa, sen que isto sexa unha limitación para expresar emocións. Ao mesmo tempo potenciamos a tolerancia polas distintas opcións didácticas e metodolóxicas que se poden atopar en distintos lugares.

 

 

 


CONVIVENCIA DE ALUMNOS DE VIOLONCELLO

Pretendemos abrir unha porta  aos espazos de socialización onde os alumnos aprenden con e doutros a partir da súa implicación persoal, cultural, afectiva e cognoscitiva. As posibilidades para a comunicación e o respecto mutuo increméntanse nesta convivencia que compaxina o ámbito de estudo con múltiples actividades lúdicas diferentes cada día.

 

 


CANTAR NA NOSA LÍNGUA

III EDICIONS

Outubro 2007, 2008, 2009

Neste curso traballamos para que a música estea presente en todas as materias de primaria; desexamos levar ás aulas cancións, xogos,dramatizacións e pequenas coreografías que convertan a aprendizaxe nunha aventura chea de dinamismo e creatividade.

 

 

 

 

 

 

 


CLASES MAXISTRAIS DE PAUL TREIN

 

O curso está destinado a xóvenes co obxetivo de perfeccionar a mellor execución das obras principalmente dos períodos clásicos e románticos, concentrándose de forma especial na comprensión das súas estructuras básicas. Ao mesmo tempo promóvese a técnica individual de tocar as obras en publico e presentalas de maneira máis segura e libre.

Pode descargar na seguinte ligazón, o programa e a folla de inscrición

Contrapunto Histórico de Santiago de Compostela


Praza Salvador Parga, 4-5, Santiago de Compostela (15704 - A Coruña)

Teléfono: 981 564 808

Email: info@conservatoriodesantiago.com

 

 

 

Localización

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso